Andresadas |
![]() http://andresito_gal.blogia.com Benvidos ó web blog de Andrés Rozados Lorenzo, alumno da facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación ( estudando, ou intentándoo , Publicidade e Relacións Públicas) en Pontevedra. Neste blog quero expresar a miña opinión con total sinceridade e liberdade sobre temas de onte, de hoxe e de mañá. Ofrecervos todas aquelas pequenas cousas que nos alegran, e tamén entristecen, na nosa vida.
|
|
|
Descarga o vídeo no que Berlusconi fala de todo salvo inglés... Se é que para ir ós States hai que ter unhas nocións de inglés... Non podes lamberlle o cú a Bush sen saber o seu idioma, aínda que moitos facíano igual no seu (véxase caso Aznar). United States, segundo Berlusconi é a flage da democrasi et pis... que vén intentando dicir que é a bandeira da democracia e da paz... Ai, ai, ai... Berlu, Berlu... Da seguinte, fíchante para o Mentireiro, Verdadeiro de Piñeiro... Aínda por riba de ternos Telecinco, non lle fas ben a pelota a Bush... |
Blog creado con Blogia.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras